Contos Galegos -Cine de Verán. A por Traballo e outros

Pasaban as dez da noite cando no recinto ó aire libre daquel pobo costeiro de Santiago da Ribeira, estaba xa a reverter de xentío. Diversidade de personaxes poboaban as instalacións. Nenos, xoves, maiores, e case recen nados que ían nos seus carros, disporíanse a recibi-la película prometida nos carteis habilitados naquel pobo ribeiriño. O tráiler era xa coñecido polos medios de información públicos así pois esperábase con inquedanza desmedida o que encomezara a proxección. Mentres ninguén pode evitar algún que outro coido de teléfono móbil, do cal non hai cartel prohibitivo algún. E cando xa se entra na historia máis alá dos vinte minutos, unha conversa allea ó filma, encomeza a saírse de contesto entre o publico alí presente:
_Si, Claro, iso é, xa che dixen que primeiro a froita ben pelada, e sen oso.
Unha fala forte, sube de son entre o público.
_ ¡Escoite señora ¿non pode explicarlle a receita na entrada?
_Se é só un intre ¡leites! ¡cállese!- resposta secamente a falante do telefoneillo, mentres prosigue a conversa encetada.
_¡Xa che vale filla!, Non só che deixo soa na casa para que flipes coas túas amizades, que ademais cárgasme coa neta para quedarse máis libre e soa na casa, para navegar libremente nesa festa, e aínda por enriba teño que ir informándote no afastamento onde están as cousas.
Pero aquel espectador que estaba desexoso de que empezara xa a película, case lle increpa.
_ ¡e, vostede! ou se cala, ou lle espeto o parasol na cara ¡que carallo!- sigue dicíndote aquel especie de portafala dos asistentes ó acto- que nosoutros estamos a ve-la película, e non a escoita-la a vostede como informa á súa filla polo falante da preparación do menú.
_ ¡Qué! ¿que me vas a pegar a min? Non a naceu aínda quen- di a aboa.
_ ¡Cala aboa¡ qué non me deixas ve-la peli- replícalle a neta.
_ ¡A do móbil! ¡Qué se cale esa porca!- pon outro do público.
_A min ninguén me chama dese xeito xamais, que non se o consinto- di a aboa ó tempo que deixa de falar por aquel artiluxio falante- que de a cara ese porcalleiro.
_Non dou a cara, amósoa para que me vexa vostede e os que queiran- engade o protestado.
Así que a escasos minutos de comezala proxección, as luces acéndense e detense o evento, habida conta ó alboroto desprendido por aquelas dúas persoas. Ó tempo que dúas membros do orde público intentan levarse ós enguedellados tratando deste xeito de achaiar as diferenzas habidas entre eles e o público. E por se poden evita-lo que ninguén saia da sala, e en breve encomezase de novo o espectáculo cinematográfico. Pero ó fin é inevitable e teñen que levalos para arranxar as súas diferenzas fora.
Os alí existentes, bourean:
_ ¡Iso, si! ¡que os leven dunha vez eses fatos! que nosoutros non temos a culpa das súas argalladas
Inevitablemente, soe pasar, que un da a cara pola morea de xente anónima, e estas xa de contado, déixano so que as compoña como poida.
Por fin, aqueles doas obrigados tertulianos saen ó espazo de espera.
_ ¡Señores! Se non aclaran isto entre vostedes, nós, veremos na obriga formalizar de denuncia pertinente.
_ ¡Por suposto! Eu quero denunciar este pasman de merda, por inxurias e calumnias cara a miña persoa sen fundamento algún. Eu son unha viúva respectable, e como tal quero que me trate.
_ ¡Manda carallo!Enriba do que a argallou alí dentro- engade aquel espectador que se lle privara do xa pagado- ¿polo mero feito de ser viúva, xa se lle ten que respectar por enriba de todo? pois que saiba que eu tamén o son, e non vou por aí metendo chufa sen xeito.
Así que sen máis remedio, tiveron que achegarse á comisaría, onde sona de novo o susodito chisme, ela en vez de apagalo, aténdeo sobrecargada de gobio.
_ ¿Qué leites queres agora?- repón mentres marcha camiño do despacho do comisario, quen se nega que a atenda un oficial calquera.
_ ¡Señora por Deus! ¿Quere vostede apagar ese chisme?- incita o manda máis.
_ ¡Se soubera! Isto deumo a miña filla, pero explícame soamente como se descolga, pero non como se para, xa me gustaría xa.
_Polo que vexo, é vostede unha vítima máis destes novos tempos que corren- engádelle o comisario.
_¡E que o diga! estes chismes póñennolos para controlarnos, e saber en todo intre en onde teñen os seus fillos ou pais, é dicir que controlan ós dúas paxaros dunha soa chamada.
A todo isto, a neta tan esprixilada, estase montando a festa pola súa conta sen que ninguén se decate de elo. Curioseando pola mesa do mandatario, ata que nun descoido, vótalle man do ordenador, e engade:
_ ¡Aboa! Aquí paso pipa, mellor que no cine, mañá montas outra para que nos volten a deter ¿Vale? Xa veras que ben o pasamos.
_Pero, ¿qué me estás dicindo nena? Só falta que a miña neta este a inducirme á delincuencia polo mero feito de divertirse- incrépalle a aboa diante do comisario, case que para xustificar a súa intervención naquel inoportuno incidente- ¿ve vostede comisario? Así esta está a sociedade, fita unha verdadeira merda, por que ninguén respecta os dereitos dos demais.
_E vostede a primeira, non se lle esqueza que se lle ocorre comezar unha conversa telefónica dende un cine.
A todo isto, vendo o cariz que ai no ambiente, o home que lle replicara no súa intre, tende por desentenderse da escena.
_ ¿Eu pódome ir verdade?
_ ¿Pero como? ¿Así quen denuncia a quen?- pregunta o xefe do orde.
_Pero aquí ninguén falou de denuncia- repón unha das partes.
_Agora son eu quen fai a denuncia, o pobo contra vostedes dous, por altera-lo orde nun lugar público, querer ou non querer, e aí a cuestión, agora xa non ten emenda:
Así que, no desorde do orde
Se non se impoñen as regras
Que neste tira e afrouxa
todo o mundo ponlle pegas
Por non estar sen ser visto
Sendo máis parvo ou máis listo
O caso é saber estar
E os cabelos á mar
_Ben, en vista do sucedido, danse as mans, e lárguense do meu vista, que teño cousas máis urxentes que resolver.
Os dúas viuvos se dan as mans, ó tempo que entaboan unha amizade insospeitada que insualmente, encomezara dunha maneira moi pouco ortodoxa, pero que ninguén sabe a onde pode chegar, que polo de pronto, di á súa neta ó pasar por diante da súa portería:
_Anda nena, súbete ó teu casa co teu madre, que eu te esperarei mentres non sales á terraza para saber que as chegado.
_ ¿E o teu a onde vas abola?- pregunta a neta fisgouna.
_Eu..., eu vou a dar unha volta para refrescarme.
_Ti o que pretendes é ligar con este señor, non me enganes- intúe a xove con certa risa picaresca- ten coidado que non se debe ir con extraínos, o teu mesma me o tes dito.
_Se ceo se, xa, pero eu se por onde camiño e non penso perderme.
_ ¡O teu verás! pero a o meu madre non lle gusta que te botes noivo, xa o sabes.
_Eu esperarei aquí ata que saias á terraza, anda e date presa.
Ás súas anos lle ían a dici-lo que tiña que facer, pois xa aguantara o seu ó lado da súa home que en gloria estivera, con aquel barrigón e aspecto de chimenea fumeante, o que sempre lle deixaba soa para irse cos amiguetes. Aquilo xa rematara, agora xa era tempo que lle tocara a ela. Primeiro os padres, despois o marido, despois os fillos. Así que, non podería descoidarse moito se quería vivir algo de aquel tempo que lle quedara de vida.


Fin

A Por Traballo



Sabendo que nada e sinxelo e doado en todolos tempos, e aínda máis neste que nos toca vivir, xa que todo ten o seu aquelo neste percorrido que no xánelo da vida non sempre está aberto e con solaina, pois de cando en vez chove e o día non se axeitaba para tódolas cousas. De ai que cando as circunstancias axudan aí que oproveitar y saír afora a loitar con uñas e dentes coa intención de poder aruñar nesta sociedade famenta para poder atopar traballo, e ir para diante, a poder ser, sen ferir os demáis. Pero eso si, coidando a cotio a superación. Feito que moitas das veces levan as persoas a veira da tolemia, de ai que candó viu aquela oferta de traballo no diario, faltoulle tempo para presentarse máis que correndo naquel enderezo, por mor de facerse con el para acadalo. Cando chegou o lugar indicado tivérono alí agardando un bo anaco, había moitas máis xentes, que se eran todos de seguro que ía a ter poucas posibilidades, pero el seguiu mainiño como se nada, ainda que no fondo estaba que non podía cos nervos. 
Por fin chamárono polo nome que dero na recepción:
_Pode vostede pasar- dixéronlle.
El pasou para dentro daquel despacho pouco máis que pequerrecho, que estaba baleiro de persoal naqueles intres, e namentras que chegaba quen fose, estivo ali fisgando na decoración do mesmo. de ali aun anaco apareceu unha rapariga que lle preguntou moi atenta.
_¿Ven vostede polo do trabollo, verdade? ¡Claro!. ¿Para que ía a vir se non?
_Lóxico- repuxo ela cun sorriso.
_Ben, pois voulle a facer unhos preguntiñas moi sinxelas, que como poderá comprobar, non teñen nada que ver co traballo que podera desenrolar aquí, pero a min mándanme poñerlle esta enquisa e teño que facelo así- explicalle a rapariga.
_¿Onde soen levar os coches electricos o tubo de escape?
_Pois soe ser invisible xa que o levan por ningún lado.
_¿Coñeceu vostede algún deles?.
_Si tiven algún de pequeno para o xogo.
_Sabe vostede que as vacas dan leite.¿non?
_¡Claro! e moitos máis animais os que chaman mamíferos.
_Ben, pero vostede axústese, axustese  soamente o que lle pregunte.
_E unha vaca branca e negra ¿ de que cor daría a leite?.
_A cor dos animais non influe na cor da leite, esta sempre sería branca. Escoite, pero ¿este traballo non será para unha granxa?.
_Non, non e para unha granxa, pode estar tranquilo.
_E que eu deso non sei nin labra, e que no diario poñía que era un traballo doado.
_E que é doado, pero témoslle que facer certas preguntas, e a nosa obriga.
_Está ben, siga.
_ Que clas de verdura lle votaría vostede o lacón con grelos?.
_Manda carallo!- falou polo baixo sen que case se lle escoitara ela.
_¿Dicia vostede algo?.
_Non, nada.
_¿Non quere respostar a pregunta?.
_¡Como non! eso levara grelos, ¿non o esta dicindo vostede?, e que eu non entendo que relación pode ter todo esto con ese descoñecido traballo. ¿ non será de cociñeiro?.
_¡Non! non e de cociñeiro, ademais, todo nesta vida  gardalle relación, ata o touciño coa velocidade.
_¡Si! Pois eu sempre escoitei que non.
_Pois elle mentira, o touciño ten que ver moito con ela, xa que hoxe en día os porcos, ata ser touciño, teñen que viaxar en camións o matadoiro a gran velocidode.
_E manda carallo! ten a sua razón.
_Describame un dos compoñentes do cemento artillado.
_Pero se vostede mesmo está a darme a resposta.
_ ¿A si? ¿ e cal e?- repón a rapariga.
_Pois o cemento, que vai ser.
_E se oito por sete son corenta e cinto, ¿canto son sete por oito?.
_Pois o mesmo, xa que a orde dos factores non altera o resultado, se non fora que tal operación son cincuenta e seis.
_ Vexo que se dacatou do erro. Moi ben, agora digame vostede, se un tren electrico vai de norte a sur ¿acía que sentido xeográfico vai deixando o fume?.
_Para ningún, posto que e un tren que non produce fumes.
_ E a cuñada de sua irman que non e cuñada súa, pero o Seu marido si o é,
¿pódeme explicar o por que?.
_Claro por que eu estaría casado coa irma de meu cuñado.
_Agoro ¿pódeme dicir de que se trata este traballo?.
_Aínda non, pois quédanlle unhas preguntiñas que respostar- engodiulle a secretaría aquela.
_Como instrumentos moi útiles nun fogar que podería considerarse domestico pero non electrizo, e soe pasear todola casa collendo todo que atopa ¿que poñería vostede? E con isto rematamos.
_Nada que cavilar, a vasoira e maila escoba- di todo seguro o entrevistado.
_Pois como superou todalas as preguntas, para vostede e a escoba e mailo traballo.
_¿Quéreme dicir que ese traballa e de varredoiro?
_Así é, non se queixe que será funcionario municipal.
_E para esto metinme eu unha malleira a chupar libros na carreira de dereito?-replicalle o demandante do emprego.
_ Esquezase de eso e fagame caso ¡non se esmoreza! nesta casa, o caso e meter o fociño, que con tempo e dedicación axeitada, pode ata chegar a ser o xefe. Outros máis burros que vostede pasaron por empurrar a das xestas, e hoxe están detrás dunha mesa de despacho que manda o bregallo, sabendo aínda moito menos que vostede.
Aquel home feito de dereito, cavilouno un chisco, e como polo intre non tiña outra cousa mellor que facer, dixolle a que enquisaba.
_Podo que lle colla o palabra, estou vendo que por moi listo que se sexa e mellor empezar dende abaixo
_Arestora si que o entende, se os burros chegaran o ser cabalos, ¿que farían os cabalos se non oubera burros?
_Que non se ollaría diferencia, vexo que o entendeu.
E foi así que case sen buscalo, atopouse aquel raparigo co posible futuro arranxado. Era boa verdade que non posúe máis quen máis quere, se non quen máis o desexa. El por desexalo non era, pois aínda que aquelo da escoba non pretendía facer carreira con ela, si podía ser o fío guiador para meter o nariz naqueles recunchos do concello, e desta maneira facer carreira dende alí, posto que para ser mandatario, non cumpria ser dunha estirpe determinada, se non darse ben a coñecer prometendo montes moreas, e fargalladas ben cheas.
Que anos despóis:
Fora o en enquisa dun alcalde,
que sen traballlar de balde
sen xeito e con desgana,
deixara o traxe de pana
para tomar o mándato.
Aínda que non foro o trato
naquelas preguntas sabias,
feitas con todo o sénso
déixame que agora penso,
o facer calquer contrata.
Hoxe calquer personaxe
pode vestir ese traxe,
non cumpre nin ter carreira
o caso e ter carisma,
so tendo as xentes prontas
así de esa maneira
podenche saír as contas.

Fin





No hay comentarios:

Publicar un comentario