Semella que os colchóns tamén abonan
o seu. De aí que este, despois de encher de soños a o seu dono,
deixouno nesta veira do camiño por se alguén quería deitarse nel,
pero ninguén tivo a destreza de recollelo. E segue nesta agardando
nunha parroquia do Corgo,. O autor deste feito pode estar fachendoso
e vixiante que non o vexan noutra. E ata estaría ben que o
recollese, e o deixase na súa casa para que se deitase o can, polo
menos prestaría un servizo o animal en dobre sentido.
Historia
dun colchón abandonado
Cando era novo
estimábasme e deixabas os teus soños voar sen cancelas que pechar.
Era eu o teu amigo en quen confiabas onde deixabas a almofada para
poñer a cachola. E cando estabas ledo por intres facendo o que che
petaba, deixabas ceibo o teu maxín. Pero tamén tiveches intres de
tristura. ¿e quen non os ten? todo fillo de nai achegase a vida a
arranxar problemas, e a ser posible, non os crearemos pola conta que
nos ten. Pero todo iso e coma se formasen parte dun todo, xa que non
e doado pasar pola vida de rosiñas sen que che peguen algunha que
outra labazada. De aí que por norma, cando non precisamos algo,
deixámolo tirado en calquera recuncho coma un cadelo sen dono. Coma
algo inservible, esquecendo eses bos intres que estibemos o seu carón
ou no cimo del coma e o caso.
Pobre colchón
Era tan vo cando novo
Agora que xa non serve
Imos tiralo sen máis
a calquera lugar do
estado.
Sen importarnos sequera
O deixalo abandonado.
Nos puntos limpos
recóllenos,
Faino por ti, e por nós
¡que carallo!
Non deixes a túa merda
Tirada coma un fargallo.
Que e de bo cidadán
O ter o campo coidado.
